Un lobishome ou licántropo,
segundo a crenza popular, é un home que se converte en lobo as noites de lúa
chea, comportándose como tal. Os lobishomes son
os protagonistas de moitas lendas populares galegas e de fóra. Concretamente, un suceso
acontecido en Galicia cobrou fama mundial, cando a
mediados do século XIX Manuel
Blanco Romasanta, xulgado por
varios asasinatos, confesaba que por mor dunha maldición que lle botara un familiar transformábase en lobo e baixo esta forma cometía os
asasinatos, impulsado polo instinto da fera. O caso espallouse polos xornais de toda
España e de parte do estranxeiro, e é aínda coñecido polo
gran público nos
nosos días. Contámosvos
resumidamente como foi…
Alá polo 1809, naceu en Esgos (Ourense) aparentemente como muller, unha meniña loira chamada Manuela. Seus país así o creron ata que cumpriu oito anos, data na que foi modificada a súa partida de nacemento quedando o seu nome masculino. Investigacións posteriores falan dun caso de hermafroditismo.
Foi no pobo de Allariz onde comenzou a relacionarse coa xente da vila, gañándose sobor de todo a confianza feminina… tal foi así que Manuela García Blanco, veciña da vila, e mais a súa filla Petra cando decidiron ir a Santander na procura dunha boa casa onde servir, confiaron en Romasanta, como bo coñecedor dos camiños e dos contactos necesarios no norte de España, onde mellorar as súas vidas. Tras varias semanas de ausencia, Romasanta reapareceu na vila alaricana contando unha fabulosa historia; dicía que atopara a casa dun cura amigo seu para Manuela e a súa filla, mostrando unha carta falsa (que supostamente redactara el mesmo) e que entregou aos familiares das súas vítimas para non levantar sospeitas… Desta maneira
foise levando ata 9 persoas coas que seguía o mesmo modus operandi…
A resultas destes acontecementos e dunha posterior denuncia, vese obrigado a fuxir pero finalmente é capturado en Toledo a trasladado a Ourense para ser xulgado. Alí é acusado de 13 desaparicións das que só poden probarse 9 asasinatos, se ben é certo que os corpos das súas vítimas xamais apareceron. Confesou que o fixo porque según el “transformábase en lobishome sen poder controlarse”… Logo dun ano de xuízo, finalmente foi condeado á pena capital por garrote vil.
O máis incrible é que a raíña Isabel II
conmutou a condena por recomendacións dun hipnólogo francés, de nome Philips, que alegaba
a necesidade de manter con vida o suposto lobishome para estudialo e comprender
a orixe da “maldición”,
xa que Philips sospeitaba que era vítima dun trastorno psiquiátrico chamado licantropía, polo que unha
persoa cre que pode transformarse nun animal.
O último que sabemos de Manuel Blanco Romansanta é que faleceu por cáncer de estómago na
prisión de Ceuta o 14-12-1863.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.