MOCHILA SOLIDARIA

Seguro que moitos de nós participamos e algún tipo de axuda social pero tamén dende a nosa entidade pedímosvos un pequeno esforzo pois como tal consideramos importante este tipo de axuda na nosa contorna. Dende hai uns meses, máis que nunca, somos testemuñas do reparto de alimentos que a diario  fai a parroquia do PP Capuchinos e, unha vez máis, lles faremos chegar a aportación dos socios e do club.

Quizais ao non ter motivos de pasar polo local, agás a recoller a lotería, faga que se reduza a nosa mochila deste ano xusto cando é máis necesaria. Por favor fagamos todos un esforzo para que isto non ocorra e poidamos levar a nosa solidariedade en forma de alimentos non perecedeiros á xente necesitada.


Outra opción é participar no
"Banco de Alimentos", onde facilitan diversas forma de pago para facer unha donación destinada a mercar alimentos.


Deixámosvos este datos onde pode realizarse o ingreso directamente na oficina ou ben facer unha transferencia bancaria a calquera das duas contas:


  • CONTA BANCARIA DE ABANCA:

TITULAR : Fundación Provincial Banco de Alimentos

IBAN: ES40 – 2080 – 5113 – 0630 – 4000 – 9557

CONCEPTO: Donación, nome e DNI


  • OU BEN NESTA OUTRA DE CAIXA BANK:

TITULAR: Fundación Provincial Banco de Alimentos

Nº DE CONTA: 2100 – 8091 – 06 – 0200048543

CONCEPTO: Donación, nome e DNI


Tamén existen outros medios de pago como Paypal ou Bizum. Así como tamén  coa compra de cestas nos supermercados adheridos a campaña.  Toda a info aquí.

¡Moitísimas grazas!

Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.