XXXII MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS (FGM)

 

Domingo día 13

Tócanos a nós organizar e comezar setembro con esta tradicional marcha federativa na que,  acompañados de socios dalgún outro club, percorreremos unha fermosa parte das terras interiores do Ribeiro. 

O prazo para apuntarvos xa está aberto ata o xoves 10 ás 21h

Nesta edición propoñémosvos unha preciosa ruta pola bisbarra ribeirá, con inicio en Lebosende (Leiro) e remate na localidade de A Quinza (Ribadavia). Trátase dunha marcha duns 20 km de lonxitude, sen apenas desnivel e chan no seu último terzo, que percorreremos en sentido horario. 

Máis info sobre a ruta na circular deste mes

NOTA: Debido as circustancias que estamos a vivir, desta vez, cada un ten que levar a sua comida. OBRIGATORIO TER A LICENZA FGM.

 ¡¡¡ESPERÁMOSVOS!!!





Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.