Resumo: XXXII MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS (FGM)

 EXCELENTE ANDAINA POLO CORAZÓN DO RIBEIRO

Cun tempo excelente, e levando a calor moito mellor do que se agardaba dado que percorrido  foi practicamente case todo por bosque autóctono, celebrouse este pasado domingo día 13 a XXXII edición da Marcha Galega de Montañeiros Veteranos con 36 participantes.

Evidentemente non é a cifra de outros anos, pero a situación sabemos todos que tampouco é a mesma. Con socios do noso club e de Montañeiros Celtas, moitas grazas,  puidemos levar adiante esta actividade federativa e así, cando menos, "normalizar", en certa medida, a actividade sendeirista dos clubs e da FGM, algo polo que estamos moi satisfeitos.



Puidemos disfrutar tamén dunha zona monumental como é Pazos de Arenteiro e do xantar en Leiro, na sombra, descansando a  carón do río Avia, circunstancia que moitos aproveitaron para darse un bo baño nas súa augas.

TODAS AS FOTOS, PREME AQUÍ

Agradecemos pois a participación de todos os que acudístedes a esta cita desexando que na vindeira edición poidamos vernos en mellores circunstancias.

¡Moitas gracias!

Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.