O mércores día 10 foi presentado no Concello
de Vigo o Banff Mountain Film FestivalWorld Tour que, co motivo do 75ª Aniversario ven a encher a nosa
programación neste 2019. Ademais do Alcalde Abel Caballero, asistiu a este acto
o Concelleiro de Deportes Manel Fernández e a Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo, Mónica Valderrama.
O noso Presidente e Vicepresidente, Carlos
Garrido e Lois Faro explicaron os pormenores do festival a todos os presentes
que tomaron nota da programación e características do mesmo. Houbo tamén pola
nosa parte agradecementos a todas as entidades colaboradoras que, xunto co
Concello de Vigo, fixeron posible achegar a Vigo este fantástico festival.
Este Festival chega por primeira vez a Galicia
despois de estrearse en España no ano 2016. Vigo será unha das máis de 380
cidades de todo o mundo onde se programa pois percorre máis de 48 países xa
desde os anos oitenta.
TRAILER
En España é a Fundación do Festival de Cine de Huesca os
encargados da súa programación. Trátase dun dos festivais de cine de montaña e
aventura mías prestixioso do mundo, procedente de Canadá, e que agardamos sexa
da vosa satisfacción.
Podedes conseguir as entradas en Ataquilla.com, na rúa Policarpo Sanz 26, ou tamén teremos algunhas a venta no club. O
prezo é de 4€.
Nas nosas redes podes recibir todas as novas do evento, preme aquí.
Nas nosas redes podes recibir todas as novas do evento, preme aquí.
Programa:
Moitas gracias os colaboradores para que este acto fora posible:
Abanca, Concello de Vigo, Universidade de Vigo, Federación Galega de Montañismo, Iddeas, Terra, Os20, Autos González e Hotel Coia de Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.