A Buraca das Choias: O tesouro inundado do Courel

Venres 12 de abril ás 20,00h
Casa do Deporte, Luís Ksado, 17 Vigo.
(Auditorio edificio federacións)


De man de Miguel Callejón e José Carlos Holgado, espeleobuceadores do club madrileño de exploración e actividades subacuáticas GEOCEANIC, e a través das imaxes obtidas cas súas cámaras ao longo de case dous anos de traballo, poderemos achegarnos aos máis de 1.000 m de cova asolagada e aos seus misteriosos e novos espazos escondidos ao longo deste río baixo a montaña do Courel.

Neste proxecto participan preto de 45 espeleólogos de Madrid (Geoceanic, Geoda, Gran Diedro) e Galicia (G.E. Lugo, C.E. A Trapa, G.E.S. Ártabros, e algún deportista independente). 

A complexidade loxística e técnica, o volume de recursos humanos e materiais implicados para dar soporte aos espleobuceadores, os equipos de apoio, os de topografía e fotografía, os de exploración e prospección do territorio, converte a esta aventura posiblemente nunha das maiores expedicións baixo terreñas desenvolvidas en Galicia en todos os tempos.




Presentación:
Esta correrá a cargo do presidente do club CETRA, Marcos Vaqueiro Rodríguez, doutor en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental, membro de numerosos organismos internacionais e autor de numerosas publicacións sobre espeleoloxía, ademais de catalogar e topografiar máis de 90 cavidades en Galicia.




Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.