Illas Cíes e III concurso fotográfico


A lista está aberta dende hoxe día 5 de abril ata o xoves día 25


Disfrutaremos con tranquilidade das marabillosas illas Cíes nunha actividade concertada polo noso club.

Esta é unha magnifica oportunidade para, se a meteo acompaña, pasar unha fantástica xornada e coñecer de primeira man o seu valor natural e paisaxístico ao contar coa información dun guía no percorrido.

Ao longo desta xornada tamén celebraremos o III Concurso Fotográfico, proposta dos nosos socios Susana Serantes e Carlos Carrera. Nesta edición os participantes terán total liberdade durante o día para moverse pola illa na procura das mellores instantáneas.

Para leer toda a info  preme aquí:


BASES CONCURSO FOTOGRÁFICO EN GALEGO

BASES CONCURSO FOTOGRÁFICO EN CASTELLANO

Boa ocasión para convidar tamén a algúns amigos, aínda que non sexan socios do club.





Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.