Como todos os anos, o vindeiro domingo
17 imos celebrar a tradicional Festa do Nadal para disfrutar todos
xuntos dunha xornada chea de diversión nun ambiente distinto ao que
nos vemos ao longo do ano. Nesta ocasión a celebración terá lugar
na vila de Mondariz, nun local social que nos deixan de balde, onde
levaremos todos a nosa comida para poñela en común e compartila uns
con outros, pero previamente faremos unha pequena ruta por ambas
marxes do río Tea, augas arriba da vila de Mondariz, ao longo dun
percorrido de 4 km que iniciaremos na antiga ponte medieval sobre o
río Tea.
As 12:00 do mediodía levaremos a cabo
a busca de papá Noel pola contorna da ponte e ao rematar iremos xa
para o local social para preparar todo o relativo ao xantar de Nadal.
Ao rematar o mesmo teremos unha sesión videofotográfica, cun repaso
dos mellores momentos vividos nas rutas que fixemos este ano 2017 e
un adianto das rutas e actividades previstas para o vindeiro 2018.
Animámosvos a todos a que participedes
con nós desta entrañable xornada navideña!!!!
Non esquecer que cada neno leve un
pequeno agasallo para facer un intercambio a modo de amigo invisible
entre todos os rapaces.
HORA DE SAÍDA DENDE CONCHEIRO: 09:45 h.
Asemade, vos recordamos que este venres
día 15 celebraremos a Festa de Nadal do Club, na sede da rúa
Brasil, cun acto previo no local dos Capuchinos (rúa Vázquez
Varela, 15) a partir das 20:15 horas. Aínda queda lotería por
vender.
ACHEGARVOS...É A FESTA DE TODOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.