Sendeiro da liberdade (Domingo, 26 de novembro)

Lembrade que xa está aberta a lista para apuntarse a esta actividade.
 
Un percorrido de gran beleza nos agarda para este domingo. Na ribeira do río Barbeira iremos por camiños empedrados tapizados de musgo e marcados polas rodeiras dos carros que hai anos percorrían esta zona. Unha variedade de árbores autóctonas será testemuña do noso paso.
Unha ruta de 19km que os que queiran poderán alongar cunha pequeña ascensión ao Outeiro do Bico.
O nome deste sendeiro fai mención ao traballo dos presos de A Lama que, xuntamente coa asociación Río Barbeira, traballaron para facer esta fermosa ruta.
 
NON A PERDAS!!!
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.