"Montañeiros Galegos polo Nepal" visita o Val de Langtang


"Hai uns días dous montañeiros do noso colectivo e socios do club “Peña Trevinca Montañeiros de Galicia” voltaron de facer un trekking polo fermosísimo val de Langtang en Nepal. Poideron comprobar con gran ledicia o resultado da inversión de diferentes axudas que moitas ONG's enviaron e están a mandar para seguir axudando na reconstrucción desta parte de Nepal que foi tan afectada polo terromoto en abril do 2015.
Carpinteiros, albañís, canteiros,... o ritmo de traballo é constante e vertixinoso. Algunhas das casas xa están rematadas e hai outras moitas nas que os propietarios están a traballar coa esperanza de que xa poidan operar como hostais para a vindeira tempada de trekking. Todo o percorrido do trek volve a estar preparado para recibir a aqueles montañeiros que se animen a visitalo, unha vez recuperadas as pontes e algúns treitos afectados polos desprendementos. E mesmo hai unha nova minicentral hidroeléctrica que abastecerá de electricidade ás vivendas das aldeas máis remotas de Lantang que ata o de agora só tiñan a enerxía dos seus propios panéis solares.
 
Deixámosvos un pequeño álbum de fotos para que vós mesmos vexades onde está invertido o esforzo que altruístamente fixestes para acadar a axuda que o colectivo “Montañeiros Galegos polo Nepal” -a través de SOS HIMALAYA, Fundación Iñaki Ochoa de Olza- enviamos hai algo máis dun ano. Debemos ter unha grande satisfacción porque aportamos o noso grao de area para que parte dun pobo humilde, forte, noble e moi traballador poida recuperar a súa forma de vida despois de perder prácticamente todo o que tiñan antes de aquel fatídico 25 de abril".
MGxN
 
 
 
 
 
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.