Fomos máis de 80 os montañeiros que na ponte de outubro andivemos a camiñar polos cumios de Ancares celebrando a nosa "VIII etapa da Volta ao Bierzo" e tamén con moitísimas gañas de acompañar ao noso club irmán, SD Torrelavega, na súa derradeira etapa da "Travesía del Norte".
Houbo rutas para todos os niveis e ninguén quedou sen gozar dun bo paseo disfrutando das fermosas paisaxes (coa mágoa de comezar a ollar os primeiros lumes que nalgunhas das zonas xa fixeran acto de presenza).

Un agradecemento enorme tanto para o noso vogal de montaña, Tomás Campo, coma para Fernando Carrasco da Deportiva, que foron quen de organizar con éxito esta numerosa saída, permitindo que o resto de montañeiros só nos tivésemos que preocupar de camiñar e gozar da compañía.
Botaremos en falta estas actividades comúns dos dous clubs, aínda que tamén cremos que algunha idea xurdirá, máis preto que lonxe, para que voltemos a gozar todos xuntos das nosas montañas.
Grazas a todos os socios que nos acompañastes nesta actividade tan especial.

As fotos son cedidas por Carlos Garrido, Marta Vázquez, José Manuel González e Carlos Carrera. Graciñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.