Noraboa por unha nova gran ascensión ao noso socio Carlos Garrido Iglesias.
Desta volta, e de novo como nas Grandes Jorasses en compañía do seu amigo e socio de Montañeiros Celtas, Juán Rivas "Coru", fixeron unha magnífica ascensión ao Tocllaraju (6034m) na Cordillera Blanca nos Andes de Perú. Polos datos que temos pensamos que foi o pasado día 14 pois tamén subiron ao Ranrapalca (6162m).
Agardamos máis información e algunhas fotografías nuns días.
PARABÉNS AOS DOUS MONTAÑEIROS VIGUESES e aos clubs que os viron "nacer" na montaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.