XXX Marcha Galega con Vivac (10 e 11 de xuño)

Xa está aberta a  lista para apuntarse a esta actividade federativa que organiza, nesta edición, o Club de Montaña Xistra. A mesma terá lugar os días 10 e 11 deste mes entre a Serra Calva e Pena Trevinca, rematando cun xantar de confraternidade en Vilanova.

Unha excelente ocasión para vivaquear e percorrer os cumes de Trevinca que xa hai tres anos que non pisamos.
Atención especial para os que imos a Dolomitas, esta actividade ven moi ben para poñérmonos máis en forma.

O autobús sae dende Vigo (Praza España) o sábado ás 09:00 h.

Máis información e inscrición chamando ao club antes do mércores día 7 ás 21,00h.


AGARDÁMOSVOS


Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.