MONTAÑA E SENDEIRISMO: PAJARES (4 e 5 de febreiro)


Lembrade que XA ESTÁ ABERTA a lista para participar nesta saída a Pajares.

Sairemos o sábado día 4 as 6 da maña, para chegar a Estación de Esquí de Pajares canto antes, e que os esquiadores poidan gozar da neve. 

Aquí no seguinte enlace, podédevos informar do estado das pistas, remontes e mailos prezos.




Ese día, para os máis fortes, temos previsto percorrer o macizo de “Peñalaza” dende Villanueva de la Tercia ata a mesma estación de esquí. Esta actividade requirirá de experiencia no uso de material de progresión invernal: crampóns, piolet, raquetas. Podedes facervos con este material no club. Para o resto do grupo temos prevista unha ruta máis doada por esta mesma zona.

O domingo poderá seguir esquiando quen o desexe, e os da pe percorreremos boa parte da vía romana ou “Calzada de la Carisa”, un trazado apto para todo o mundo, coroando o Pico Boya (1725 m.), onde se conservan os restos dunha fortificación militar.

Estaremos aloxados nun albergue a pé de pistas, en réxime de media pensión.

ATENCION OS XUVENIS xa que é unha ocasión fenomenal logo de facer o curso para que, o mesmo que os maiores, se poidan afianzar no seu coñecemento da montaña invernal e os deportes de neve.



¡¡¡¡QUEDAN PRAZAS, non agardar moito!!!!



Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.