"Bloque encadenado" significa que se fai sen ningún repouso, de xeito continuado. Neste caso estase a falar dun bloque localizado no monte Galiñeiro, o seu nome é "3 kg" e ten unha dificultade de "8a+".
"3 kg era, ata hai uns días, un proxecto de bloque que nace aproximadamente no ano 2010. En varias xornadas de traballo quedan resoltos os 17 movementos desta fermosa liña.
No ano 2012 está a piques de encadearse, pero o movemento 10 (o "crux") nos tira varias veces. Dende ese ano ata hai poucos meses o paso vaise probando pero sen darlle a continuidade que precisa algo tan complexo. Decidido a rematar con esta situación, deseño un traballo específico que me leva en pouco tempo o ansiado encadene.
Péchase unha porta e automáticamente abrese outra nova que nos conducirá a novos retos, a eterna insatisfacción..."
Texto e fotografías de José A. Villar Comesaña (Club Alud)
Moitas grazas por compartir con nós e de primeira man esta desexada conquista. NORABOA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.