UNHA GRAN IDEA
QUE NÓS APOIAMOS
A Gran Senda do Navia
Podedes
ver en "La Voz de Galicia" de hoxe esta noticia sobre a proposta de 16
concellos en recuperar 150km entre Galicia e Asturias cunha senda
cuio eixo principal será o río Navia. Unha iniciativa que apoiamos
e que, na procura de atopar novas rutas que ofrecer aos nosos socios,
xa nos levou a fixarnos nesta zona dende hai un tempo e nos
adiantamos, modestamente, un pouco. Precisamente o vindeiro fin de
semana xa imos percorrer a zona de Boal e a Navia Asturiana. Será
magnífico que esta iniciativa se leve adiante para poder percorrer
unha zona de gran valor paisaxísto e cultural onde lindan as dúas
comunidades. Estaremos pendentes de que esta inicativa prospere e
animamos aos seus promotores a traballar por ela. Polo de pronto
aínda podedes apuntarvos para disfrutar uns días na fermosa
Asturias.
¡¡¡¡QUEDAN PRAZAS, non agardar moito!!!!
**Sairemos o sábado 3 ás 08:00 horas dende Plaza de España.
** O sábado, de camiño, faremos una rutiña, ide preparados coa "mochila de ataque".
** NON é necesario levar o saco de durmir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.