MAGOSTO EN CASTRO CALDELAS ( 5 e 6 de novembro)

MARTES 25 de outubro, ábrese a lista para anotarse ao magosto (5 e 6 de novembro).
Este ano ímolo celebrar en Castro Caldelas, vila monumental enclavada na Ribeira Sacra cunhas espectaculares paisaxes naturais e un riquísimo patrimonio cultural e histórico.
 
 
As rutas previstas son doadas e cheas do encanto do lugar, discorrendo por agochadas aldeas, vellos soutos, carballeiras centenarias, bosques de ribeira, canais fluviais e camiños empedrados.
Visitaremos esquecidos mosteiros e tradicionais adegas de viño, nunha saída á vez espiritual e espirituosa.
A festa está garantida, pois nos sumamos á celebración que fai o concello e os veciños desta vila, onde esperan un autobús cheo de montañeiros con ganas de empanada, bica e castañas, regado co mellor mencía da Ribeira Sacra.
 
¡¡¡OLLO!! TEDES ATA O MÉRCORES 2 DE NOVEMBRO PARA APUNTARVOS
 
 
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.