CONCURSO TARXETAS NAVIDEÑAS

O Nadal está petando na porta.......
Convidámosvos a todos, adultos e infantís-xuvenís, a que fagades un ou varios debuxos cun motivo do Nadal para, unha vez seleccionados os finalistas, crear unhas postais  navideñas que todos os clubs asociados como "Montañeiros Galegos polo Nepal" poñeremos á venda.
Pensamos que pode ser outra boa medida recadatoria para este bo fin. As tarxetas levarán na parte posterior o logotipo de "MONTAÑEIROS GALEGOS POLO NEPAL" e nunha esquiniña o nome do autor.
O prazo para entregar os debuxos no club remata o 30 de outubro.
Entre o 3 e 6 de novembro estarán expostos para seleccionar os mellores e imprimir as tarxetas.
 Deixade saír ese artista que levades dentro.   
      ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.