ELECCIÓNS NA FEDME

Xa na circular do mes de outubro dabamos conta deste importante proceso electoral no máximo organismo que temos os montañeiros, a FEDME, e da importancia que ten, hoxe en día máis, o poder ter unha representación forte nos momentos dos cambios.

Unha vez máis, pois o club xa ten formado parte da Asemblea da FEDME, presentamos a nosa candidatura no Estamento de Clubs e co apoio de outras entidades  galegas quixeramos obter esa representación xa que unicamente haberá un club de Galicia en dita asemblea.

Son dous os candidatos á Presidencia deste organismo, Alberto Ayora e Bernat Clarella, e os dous, con ganas de traballar ao mando da federación española,  forman parte da xunta directiva saínte.

De conseguir o club esta representación que buscamos nas urnas, a Xunta Directiva, acordou dar apoio ao primeiro, Alberto Ayora, tras os contactos que tivemos con el, pola renovación necesaria que propón e tamén  ao ir coñecendo o programa do seu equipo.

Finalmente teremos a opción do voto presencial o 10 de decembro na sede da FGM en Vigo, entre ás 17,30 e 20,30h, pero dada a situación do COVID 19 a todos os que solicitásedes a opción do voto por correo vos pedimos que o  enviedes  apoiando esta candidatura, antes do día 3 de decembro. Aqueles que  non optaron por esta opción lles pedimos tamén o seu voto, xa acudindo á mesa,  e quedamos á disposición de todos para aclarar calquera dúbida. MOITISIMAS GRAZAS.

Aquí podedes ver  dúas entrevistas a Alberto Ayora

Preme aquí e preme aquí

Coñece a candidatura galega de apoio a AlbertoAyora

Candidatura en Galicia

Podedes seguir todo o proceso e o regulamento

¡Moitísimas grazas!



Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.