Hoxe abrimos a lista para a primeira actividade tras este parón obrigado polas circunstancias que todos coñecemos. E o imos facer dentro da provincia de Pontevedra, entre Zobra e Vilatuxe, cunha andaina que xa estivera programada no mes de marzo da cal xa tedes información na recente circular que se vos enviou a semana pasada.
Tal como seguro supoñedes, debemos adaptarnos as actuais circunstancias facendo uso da normativa que nos veñen marcando, e así, transmitirvos tranquilidade pois actuaremos con toda a responsabilidade sendo coñecedores de que vos tamén actuaredes así.
Acudiremos como sempre en autobús, xa que está permitido e sen límite de prazas, pero respectando o protocolo que nos marquen en canto a hixiene.
Podedes consultar neste mesmo blog as normas das que estamos a falar e ANIMARVOS a participar para reencontarnos ca natureza e cos amigos practicando o que tanto nos gusta
Será obrigatorio:
- Acudir coa mascarilla. É suficiente coa sanitaria, xa que todos a imos levar, e traer algunha de reposto.
- Traer cuberto e asinado este formulario. De non ser así se vos facilitará un antes de subir ao autobús. PULSA AQUÍ
- Ter con nosco a Tarxeta federativa.
Outros textos de interés:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.