Co ánimo de tranquilizar a aqueles dos nosos socios que
poidan ter certo reparo, en canto a participar nas actividades
do club tras estes meses de confinamento e a incorporación posterior a unha
“nova normalidade”, queremos transmitirvos que na Xunta Directiva somos
conscientes deste feito e estaremos vixiantes para cumprir con todas
as directrices que nos vaian marcando, tanto dende o
goberno como as autoridades deportivas ou empresariais, bus, albergues etc. que
teñen
responsabilidades sobre a nosa actividade.
Así pois, xa vimos poñendo dende hai semanas información
no noso blog e facebook sobre os cambios ou avances que se producen coas distintas
fases.
Pedímosvos que consultedes dita información
e, ao mesmo tempo, facervos saber que contamos tamén coa vosa colaboración para poder gozar
xuntos da natureza con toda a responsabilidade, algo que estamos desexando
facer todos.
Agracedemos moito a vosa implicación
neste sentido e animámosvos a iniciar a volta ás actividades, pois todos
sabemos e somos partícipes do excelente comportamento social
que mantemos no club.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.