II Proba Copa de Escalada Base en Riazor (A Coruña)

Os nosos nenos e nenas que comezaron en outubro a escalar no grupo dos venres no rocódromo da UVigo xa comezan a participar nas probas de Escalada Base que organiza a FGM.



Tras a de Ourense no mes de febreiro, este pasado sábado acudiron á Coruña para participar na II proba Elba, Victoria, que case consegue pasar á final, e os irmáns Cosme e Denís que debutaban neste tipo de probas.



Queremos felicitar aos catro por ter participado e animalos a continuar competindo pois isto acaba de comezar para eles.









Tamén felicitar aos gañadores das distintas categorias e clubs e á organización realizada polo club anfitrión AMI.

¡Noraboa a todos!


Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.