Tendo en conta as circunstancias especiais relativas á saúde e en cumprimento da recomendación das autoridades competentes, Xunta de Galicia e tamén da Federación Galega de Montañismo respecto ao COVID-19, quedan suspendidas todas as actividades.
Polo menos durante este mes de marzo, comezando xa polas de esta fin de semana.
Tamén quedan suspendidas ata novo aviso as actividades de escalada no rocódromo da UVigo que vimos desenvolvendo. Así coma tamén o curso de montañismo invernal impartido pola EGAM que estaba previsto para o 28 e 29 de este mes.
Pedímosvos comprensión e colaboración entre todos na procura de que se poida superar canto antes este momento tan crítico para a saúde pública.
No caso de que poidamos retomar as actividades, cursos e formacións, volo comunicaríamos o antes posible. Terémosvos informados a través do blog e facebook.
Moitas gracias pola vosa comprensión
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.