PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL: "O MARABILLOSO LABOR DAS PROTECTORAS DE ANIMAIS"


Venres 14 de febreiro ás 20,30 h

Este documental de Martín García, socio e colaborador habitual do noso club, ten unha duración de 46 minutos, nel están incluídas imaxes da protectora de cans e gatos de Gondomar, chamada Bai. senpulgas, así como entrevistas a Laura  Boo García, a súa vicepresidenta; a Ana Groba  Cossio, a súa tesoureira, e á voluntaria  Aránzazu Freiría Lorenzo.

Tamén conta con imaxes da exposición de fotos de Martín “A cadeliña Nani, de abandonada a adoptada. Ademais inclúese unha presentación de datos das protectoras en España, así como bonitas escenas gravadas coa técnica do  timelapse, que se  intercalan ao longo do documental, facéndoois ameno e relaxado.


¡¡Ven acompañar a Martín e apoiar esta iniciativa a favor dos dereitos dos animais!!


Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.