Por mor da falta de neve, vémonos obrigados a cancelar a saída a Manzaneda e buscar outra alternativa para saír coa
rapazada. Nesta ocasión, cremos que
a ruta que discorre entre os
muiños do Folón e do Picón, no concello do
Rosal, gustará a rapaces e maiores.
¡Hoxe abrimos a lista!
Estas construcións son un
fermoso exemplo de arquitectura tradicional que hoxe en día, afortunadamente,
están
catalogadas como BIC (Bens de Interese Cultural).
Destacamos ademais o seu
asentamento nunhas ladeiras que fan de mirador natural de todo o Rosal, do monte
Santa Tegra e mais do pai Miño….
¡¡¡Non esquezades a cámara de fotos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.