A escalada está en auxe e como nova modalidade olímpica, será un dos deportes máis practicados pola xuventude con todo o potencial deportivo e psicolóxico.
Xa temos aberta a inscrición para que os nosos nenos e nenas escalen na mañá dos sábados no búlder do club. Estas xornadas comezarán en Febreiro e xa está aberta a lista para a inscrición ás mesmas que terán lugar na mañá dos sábados entre ás 11h e 13h e vai dirixida a nenos e nenas entre seis e dez anos.
Será un primeiro paso para que a partir do vindeiro curso poidan practicar e ampliar os coñecementos en escalada do rocódromo da UVigo.
¡Unha modalidade deportiva en auxe que os pode chegar a ilusionar cara a novos retos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.