CHARLA: O MARISCAL PEDRO PARDO DE CELA




Pardo de Cela é un modelo de personaxe histórico convertido en lenda. A mediados do século XV era o señor máis poderoso nas terras da Mariña luguesa, no bispado de Mondoñedo. Entrou en conflito con outro nobre da zona e co bispo, e ao estaren estes dous moi respaldados polos Reis Católicos, o Mariscal acabou enfrontado tamén cos monarcas. Enviaron contra el o seu exército, sometérono a un longo cerco no castelo da Frouseira e finalmente apresárono e executárono, o 17 de decembro de 1483. 

Todo isto deixou unha fonda impronta na zona e converteuse incluso en tema de literatura, desde aquel mesmo momento ata hoxe. Ademais existe agora a denominada Ruta do Mariscal, que permite percorrer o escenario dos acontecementos, entre eles o castelo de Castrodouro e os restos do da Frouseira, con espléndidas paisaxes

Contaranos o venres o noso socio  Anselmo López Carreira.  Licenciado e doutorado en Historia pola USC e Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas. Trátase tamén dun historiador ligado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e conta cunha extensa obra de publicacións e investigacións sobre a Galicia medieval.

¡Gran oportunidade de escoitar o relato sobre esta lenda no noso país!

Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.