O martes un de outubro dan comezo estas xornadas que teñen como finalidade
iniciarse no mundo da escalada nos grupos de Iniciación,ou ben, adestrar, gañar práctica e coñecementos nos grupos de Perfeccionamento.
Dos 6 grupos ofertados, 42 prazas segundo horarios
e capacidades, foron cubertas 39. Resta completar con unha praza a oferta para
menores de 6 a 17 anos e dúas en grupos
perfeccionamento.
O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia,
coordinadores desta actividade no rocódromo da UVigo, deixará aberta a
inscrición ata completar a totalidade das prazas e mesmo creará unha lista de
espera ante a posibilidade de que se puideran producir algunhas baixas durante
a duración das mesmas entre outubro e
maio.
As
posibles novas inscricións e información será a través do teléfono 660 69 35 35
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.