Son moitas as cousas que debemos celebrar polo campamento no val de
Aosta este pasado mes de agosto: o lugar escollido, Arpy, pretiño de Courmayeur e ao pé do macizo do Mont Blanc; a
climatoloxía que apenas incidiu nunha xornada con choiva, o que
non impediu que se cumprise co calendario que levabamos, con tan só unha
modificación; tamén
celebramos que algún socios fixeron o seu primeiro tresmil ou catromil e, como non, celebramos os 21 que tiveron a sorte de ascender ao Gran Paradiso de
4.061m, cun tempo extraordinario.
Felicidades a todos e moitas grazas por
facernos fáciles as cousas á organización, nunha actividade con moitas variables na cal participamos 60 socios, cunha fraternidade moi boa durante os dez días que durou.
¡¡MOITAS GRAZAS E NORABOA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.