Resumo sábado 4 de maio: unha tarde de CINE co BANFF


Meteorolóxica e deportivamente  falando,  como o que aconteceu no Auditorio do Teatro Afundación coa proxección do agardado Banff,  podemos dicir que vivimos o sábado 4 unha gran tarde.



As boas expectativas que tiñamos postas neste acto de celebración do 75º Aniversario, un máis, quedaron cumpridas cos nove cortos que compoñen a proxección do BANFF MOUNTAIN FILM FESTIVAL WORLD TOUR neste ano 2019 e que moitos disfrutamos. 



Cun aforo de 460 butacas, que  estivemos a piques de completar, gozamos dunhas imaxes cargadas de espectacularidade e beleza pero, algo que nos chamou a atención a moitos, non exentas dun enorme contido de humanidade amor e de superación que engaiolaron máis aos espectadores e nos fixeron pasar unha autentica tarde de CINE cando aínda tiñamos na mente o ofrecido na tarde anterior por Miquel Mas e a tremenda escalada nas Torres del Paine.



O acto de presentación do festival correu a cargo de Mª del Carmen Echevarría, xefa do Gabinete de Prensa da UVigo e socia do club, Alberto Bosque, representante de Banff España, e o noso Presidente Carlos Garrido.



Debemos deixar constancia aquí da nosa gratitude a todas as persoas e entidades públicas e privadas  que colaboraron e fixeron posible que este acto tivera lugar, e vos transmitimos a todos os socios e amigos os parabéns dos responsables da Fundación Internacional de Cine de Huesca que van ter  tamén a Vigo como un referente de calidade e participación.


MOITAS GRAZAS E PARABÉNS A TODOS







Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.