O pasado venres día 3 de maio tivemos a sorte de poder asistir a una interesantísima conferencia-proxección sobre a escalada na Patagonia Arxentina a "Torre Central del Paine" da man de Miquel Mas.
Este foi un dos moitos actos que estamos a facer neste ano co motivo do 75 aniversario do noso club, acadando outra vez máis que moitos socios quixeran disfrutar da conferencia.
Pareceunos máis que axeitado, aproveitando a grata compañía de todos os escaladores presentes, ter un pequeno homenaxe a unhas grandes escaladoras do noso clube. Estas rapazas Estela Miles, Araceli Vale e Natalia Vale, levan desde moi pequenas no clube participando en todas as actividades e formacións, pero actualmente están a traballar moi duro no equipo de tecnificación de escalada da Federación Galega de Montañismo. Ademáis, están a acadar grandes progresos deportivos como tamén novas experiencias nas competicións que están a asisitir por toda España.
Miquel Mas, Carlos Garrido, Araceli Vale, Natalia Vale, Estela Miles, Suso Expósito, Carlos Garrido e Cristina Conde. |
Se ainda fora pouco... quixemos sortear unhas prendas e material de montaña gracias a cortesía da marca Os20.
Gañador das gafas |
Gañador dos pantalóns de montaña e guantes |
Gañador da chaqueta |
Temos que agradecer que todo fora posible a Miquel Mas ¡Moitas gracias!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.