REUNIÓN INFORMATIVA: Verán no Val de Aosta (Italia)


Neste 2019 cumprimos 75 anos e dentro das moitas actividades que imos ter para celebralo, unha delas é facer o noso campamento de verán no estranxeiro. 



No val de Aosta atópanse as montañas máis altas de Europa: o Gran Paraíso (4061 m), o Mont Blanc (4810 m), o Cervino (4478 m) e o Monte Rosa (4638 m). O val tamén limita cos países veciños: Francia e Suíza.O espléndido escenario natural é tipicamente alpino: campos cultivados nos vales e logo, a medida que se ascende, comezan os grandes pastos, as forestas, os glaciares, os lagos alpinos e as simas de rocha.

As datas serán dende o 5 ao 14 de agosto. Haberá dous xeitos de facer a viaxe. É importante que poidamos ter xa unha idea do número de socios interesados en ir, por iso é preciso que vos pasemos canto antes a información necesaria. Con tal motivo faremos unha REUNIÓN INFORMATIVA o venres día 11 de xaneiro ás 20:30h.

Agardamos poder darvos xa datos concretos sobre a viaxe e a estancia.
 Falaremos dos prezos e prazos ademais da forma de viaxe que faría cada un. Queda tempo ata agosto pero necesitámolo, e pensamos que vós tamén.

SE ESTADES INTERESADOS NON FALTEDES Á CITA O VENRES 11 DE XANEIRO ÁS 20:30 HORAS



Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.