Xa temos aberta a inscrición para que os nosos nenos e nenas escalen na mañá dos sábados no búlder do club.
Estas xornadas serán entre xaneiro e abril e con elas pretendemos dar unha oportunidade para que os máis pequenos teñan un primeiro contacto coa escalada. As idades son entre seis e dez anos e a as prazas son limitadas.
O prazo de inscrición remata o día 4 de xaneiro.
Máis información chamando ao club.
¡Unha modalidade deportiva en auxe que os pode chegar a ilusionar cara a novos retos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.