Hoxe ábrese a lista para anotarse o "Magosto" que este ano terá lugar en Parada de Sil os días 16 e 17 de novembro. Esta lista estará aberta ata o xoves día 14.
Camiñaremos os dous días sábado e domingo, pero tamén tocará gozar da noite cunha festa a base de empanada, chourizos, castañas e bo viño do país.
Ademais, esta noite de magosto teremos unha gran sorpresa que ninguén espera; algo nunca visto no club ante o que ninguén quedará indiferente, estamos seguros… Despois seguiremos con sorpresas que incluso nos permitirán bailar e cantar todos xuntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.