Estela e Araceli suben, unha vez máis, ao podio

O pasado sábado celebrouse en Ourense a II Proba da Copa Galega de Clubes de Escalada en Bloque 2018 na que participaron as nosas socias Estela Miles e Araceli Vale.
Dende aquí  queremos amosar o  noso recoñecemento por todo o esforzo e o traballo que están a realizar as “nosas raíñas da escalada”: Estela e Araceli, que nesta ocasión foron quen de acadar  o primeiro e segundo posto respectivamente na categoría feminina Sub18, despois dunhas probas moi reñidas nas que estiveron a maior parte do tempo empatadas.
 
Estela, nesa mesma xornada, volveu a pisar o podio coma Campiona Galega de Escalada en Bloque 2018, grazas á media resultante entre a posición  acadada na proba que se celebrou hai uns meses en Lugo e a conseguida en Ourense.


OS NOSOS PARABÉNS ÁS DÚAS!!!

No centro Estela, á súa esquerda Araceli.
Foto: Asesou
 
En primeiro plano, Estela (pantalón curto) e Araceli (camiseta azul) analizando o percorrido
Foto: Asesou


 
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.