II Edición "Traballando Nun Soño"


Porque non todo na vida é deporte... Aquí vos queda un pequeno resumo en imaxes do que foi a "II Edición de Traballando nun soño", evento celebrado o pasado venres na sala de teatro "Ártika". Unha velada que resultou divertida, emotiva e moi solidaria, na que participamos máis de 300 persoas entre actores, colaboradores e espectadores.
 
NORABOA ao noso socio Luis Álvarez Real polo éxito obtido o pasado venres con este evento solidario, promovido e organizado íntegramente por el.
 
NORABOA tamén a nosa ONG amiga, DA MAN, quenes se levan a nada despreciable cifra de 5000 € para seguir axudando e mellorando o nivel de vida da xente de Senegal.
 
GRAZAS a todos os socios que aportastes o voso grao de area facendo a que o SOÑO se convertese  nunha REALIDADE.
 
Graciñas a Carlos Carrera polas fotos.
 


NON DEIXEMOS NUNCA DE TRABALLAR POLOS NOSOS SOÑOS 

 

Diferentes alumnos da Escola de música de Coruxo (ESMUCO)


Mª Carmen Pardo e Idoa Lazpita co seu "Aurresku Agurra Dantza" (típico baile vasco)



Muiñeira e xota da Asociación cultural, artística e deportiva de Areas (Ponteareas)


Agrupación de canto tradicional Voces da Survia, socios do Club Peña Trevinca


Kaleye Diamono con música de Senegal
Luis Álvarez Real e as súas adaptacións musicais




O noso socio Luis Domínguez, Enma Domínguez e os seus monólogos




O socio Antonio Fernández cos seus chistes e cancións
Idoia Lazpita, unha vasca bailando por sevillanas


















Diferentes coreografías da Escola de baile Unidance


Os socios Servan Otero e Luis Álvarez homenaxeando ás nosas Montañas


 





As socias Mar Nieto (xersei raiado) e Chus Iglesias co libro escrito por Mar, "Lucas"
Posto de venda camisetas "Talla Telas África"




Luis Álvarez entrega o "Cheque Soñador" de 5000 € a Pilar Martínez
Presidenta de DA MAN





Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.