ALDÁN-DONÓN-CABO HOME- CANGAS
XA ESTÁ ABERTA A LISTA para apuntarse a esta actividade.
Quedaremos o sábado día 30 ás 19:45 horas na estación de autobuses de Cangas (xunto ao porto). Colleremos o bus de liña Cangas-Bueu que nos deixará en Aldán. Aqueles que o prefiran poderán saír á Praia de Vilariño (ao lado de Aldán) ás 20:15 horas. Cando nos xuntemos todos comezaremos a ruta.
O
primeiro treito farémolo coa luz da tardiña, deixando ás nosas
costas a ría de Aldán para chegar ao monte Facho á hora do solpor. Alí
teremos uns intres de lecer antes de baixar a Donón, onde pararemos
a cear (podedes levar bocata ou ben picar algo nos bares que hai
alí). Aproveitaremos para reagruparnos antes de comezar a verdadeira
marcha nocturna á medianoite.
Os
máis rezagados poderán aparecer directamente en Donón, tendo en
conta que terán que ver o xeito de voltar a recoller o automóbil
ao día seguinte.
O
percurso de Donón a Cangas farémolo camiñando sempre pola costa,
sen apenas desnivel, seguindo camiños cómodos e tamén pola praia
aproveitando a marea baixa. Será necesario levar roupa de abrigo e luz frontal -aínda que a lua chea nos dará boa visibilidade e tamén preciosas
vistas da ría- xa que teremos que pasar un túnel.
Iremos de vagar, temos 6 horas para facer os 18 quilómetros ata chegar de novo a
Cangas a tempo para ver a saída do sol e tomar unha chocolatada. Agradecemos se levades unha cunca para tomar o chocolate, así non andaremos deixando lixo.
Estaría ben que chamarades
canto antes ao club para confirmar a vosa participación e así
facilitar a organización co bus de liña e o almorzo. Non hai límite de prazas, podedes aproveitar e vir con amigos.
Se uns días
antes temos unha mala previsión do tempo cancelaremos a actividade.
MÁIS INFORMACIÓN CHAMANDO AO CLUB
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.