Fabulosa estadía en "La Molina", no Pireneo catalán.
Con base nun bo albergue, tanto esquiadores como aqueles que fixemos montaña, gozamos dunha meteoroloxía que por fortuna permitiunos disfrutar dun fermoso lugar onde a neve foi unha boa protagonista, tanto nas pistas de esquí como nos cumes que visitamos; o Pedraforca (2506m), o Puigpedrós (2913m), e xa o sábado o Puigllançada de 2408m. Estes últimos cunha ventisca que deu un "toque" máis invernal á nosa actividade.
Pagou a pena a longa viaxe e o risco de acudir á alta montaña nunhas datas propicias para o mal tempo pero que, se a sorte acompaña, son fermosísimas de percorrer.
Dexámosvos unhas fotos, testemuña do que vos estamos a contar. AQUÍ.
Grazas a nosa socia Eva Torres e ao noso Vicepresidente, Lois Faro, por preparar esta saída.
Grazas a Bárbara Fernández, Lois Faro, Cristina Conde e Carlos Garrido por cedernos as súas fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.