lunes, 16 de abril de 2018

ANDAINA HappyGoRunning na Cidade Universitaria (Domingo, 22 de abril)

¡¡¡ÚLTIMOS DÍAS PARA APUNTARSE!!!

Animámosvos a formar parte  desta festa do deporte no Campus Universitario Vigués.
Os que esteades interesados en participar na CARREIRA DE 6 ou 10km podedes inscribirvos  NESTA PÁXINA.
Aqueles socios que pensedes facer a ANDAINA de 10km, que organiza o noso club, podedes apuntarvos chamando directamente á nosa oficina, como en calquera actividade.
Se invitades a participar a alguén que non sexa socio do club terá que facer a inscrición NESTA PÁXINA, ou acudir persoalmente á oficina do club.   
O PRAZO PARA APUNTARSE REMATA O MÉRCORES 18 DE ABRIL
Lembrade que no caso da ANDAINA só poden participar o nados no 2005 ou antes. Se ben, de ir acompañados de menores, para estes, teñen preparada unha ludoteca e a piscina do campus.
Haberá agasallos e sorteos ao remate das probas.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.