Dentro das actividades que van ter lugar nesa semana adicada á espeleoloxía salientamos as visitas a diferentes covas no Courel na fin de semana do 14 e 15 de abril, como xa adiantamos.
Aquí vos deixamos un vídeo e máis un documento explicativos e orientativos do que serán esas visitas.
A maiores, por favor, tede en conta o seguinte:
*Lembrade que durmiremos no refuxio de A Seara.
*As covas que aparecen no documento son unha proposta inicial, estamos estudando as posibilidades de visitar outras, mais a elección final dependerá DO NÚMERO DE PERSOAS QUE ESTEAN APUNTADAS NA ACTIVIDADE.
*Todas as persoas que participen teñen que estar FEDERADAS. (Os que non estean poden poñerse en contacto e darémoslles información precisa sobre o seguro).
*IMPORTANTÍSIMO: Hai que apuntarse no club antes do 15 de marzo (este xoves) por mor de pedir os permisos necesarios.
PARA AMPLIAR INFORMACIÓN NON DUBIDEDES EN CHAMAR AOS TELÉFONOS:
986 42 05 51 ou 660 69 35 35
Aquí deixamos fotos e vídeos que amosan a Marcos Vaqueiro, Presidente do Club de Espeleoloxía CETRA, xunto co noso Vogal de Espeleoloxía Suso Expósito esta fin de semana pasada preparando as actividades no Courel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.