Sabemos que algúns dos nosos socios participaron nesta multitudinaria proba que transcorreu por terras de O Rosal e na que os deportistas podían escoller entre un percorrido largo de 21 km, un máis curto de 12 km e unha andaína.
Elvira Verea e Javier Rodríguez subiron ao podio na proba de 12 km.
Elvira, segunda na súa categoría cun tempo dunha hora e quince minutos...
...e Javier segundo posto na xeral cun tempo de 56:26.
Os nosos participantes destacan o espectacular percorrido polos muiños de Folón e Picón. A proba semella que foi rápida e non demasiado técnica mais eso non lle quitou emoción á hora de completar o podio que estivo moi reñido.
NORABOA aos "premiados" e, por suposto, ao resto de "Trevincos" participantes nas diferentes modalidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.