Exposicións audiovisuais e entrega de premios I Concurso Fotográfico

Lembrade que hoxe venres día 26 ás 20:30 horas no  local social o noso socio Francisco Álvarez "Paco" pasará unhas proxeccións sobre Dolomitas e as vías ferratas. Tamén veremos un resumo de distintas actividades que organizou o club no 2015, e por último "Escornabois. Entremareas II" un vídeo producido e realizado por Paco na súa totalidade.
 
Inmediatamente despois faremos entrega dos agasallos correspondentes ao I Concurso Fotográfico e pecharemos a tarde coa inauguración dunha exposición fotográfica.
 
 
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.