Fotos da saída invernal exprés en Babia

Un selecto grupo de 4 montañeiros do noso club tivo a sorte de poder participar nesta primeira saída invernal "exprés" do ano.

Saímos de Vigo o venres pola tarde para chegar xa pasada a medianoite a Torrebarrio, onde o coche marcaba -4ºC. Despois de ir falando todo o camiño aínda non estaba totalmente decidido o plan para o sábado. Xa sabedes que o noso vogal de montaña adoita ter sempre varias opcións na recámara, e non sabíamos cal escoller da boa pinta que tiñan todas, así que quedamos en darlle unha voltiña máis coas almofadas.
O sábado decidimos optar polo máis próximo e saímos a camiñar dende Torrestío, onde xa deixamos o xantar do domingo medio organizado. Comezamos a camiñar con todos os bártulos de vivac ata o val de Cualmarce. Só foron dúas horas de aproximación e xa estabamos rodeados de neve, deixando unha boa parte do peso das nosas mochilas e enfilando a ascensión ó cumio do Pico Calabazosa.
 
 
As sensacións, agora máis lixeiros e especialmente no último treito xa cos pinchos nos pés, foron fantásticas e as vistas dos Picos Albos e Peña Orniz magníficas. Nótase que xa pasaron bastantes días dende a última nevarada e que está facendo calor, pero aquí arriba aínda queda moita neve que nas caras máis sombrías está en boas condicións para progresar cómodamente.
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Despois do momento fotográfico no Calabazosa seguimos polo cordal pasando por outros tres dousmiles, La Peña, Pico Blanco e Diente ata a Collada de la Cuerría. Aquí xa nos decatamos de que este sol que nos permitiu andar todo o día en camiseta estaba a piques de deixarnos coa realidade do inverno, así que baixamos para o val de Congosto, remontamos Collado Solarco e de aquí ben lixeiros a montar o vivac.

O domingo puidemos aproveitar, xa a primeira hora,  o feito de estar en altitude, puxemos os crampóns nada máis saír das tendas e sen máis dilación subimos a Peña de Solarco disfrutando da neve da súa cara norte en perfectas condicións. Baixamos pola cara sur, totalmente diferente, para inmediatamente subir ó Morro Negro, que con 2152 metros foi o teito desta saída. Alí atopamos  uns montañeiros asturianos e aproveitamos para gozar das vistas dos Ubiñas, Peña Orniz, Montihuero e os vales de Majúa, Congosto e Cualmarce. Xa só nos quedaba unha bonita travesía pola neve de volta ó noso vivac para cargar todo nas mochilas e voltar a Torrestío, onde nos agardaban uns suculentos filetes de potro.

E así foi esta fin de semana de bo tempo percorrendo vales e montes cubertos de neve cun grupo de amigos montañeiros.

"Gracias amigos por este bo momento e tamén ó club por facelo posible coa iniciativa destas saídas. Agardo que aínda teñamos máis oportunidades así este mesmo inverno, que xa logo será primavera." Carlos.

"Salida exprés salida feliz." Fernanda.
 
"No se puede pedir más. Buena compañía, la montaña excepcional y buena gastronomía. Eso sólo en Trevinca." Javier.

"Babia nunca defrauda." Tomás.
   
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.