10ª
Etapa: Macizo dos Ubiñas
Non
esquezades que o derradeiro fin de semana de agosto, dentro de cinco días, os nosos colegas da Sociedad Deportiva Torrelavega invítannos
a facer a gran travesía dos Ubiñas na súa aventura de percorrer a
Cordilleira por etapas.
Para
acompañalos, dende Vigo sairemos en coches na véspera, o venres 26
pola tarde, facendo noite no Refuxio de Torrebarrio. O sábado
27 xuntarémonos cos cántabros no cume do Ubiña Pequena, pois eles
saen dende casa Mieres (Puerto de la Cubilla) a primeira hora da
mañá. Logo faremos xa todos xuntos o Peña Ubiña Grande, baixando
pola súa atrevida aresta este ata a “Senda das Merinas”, para
acabar a xornada no refuxio do Meicín, onde está previsto pasar a
noite.
O
domingo 28 remontarase pola “Pasada del Siete” e o “Canalón del
Buey” ata o cume dos Fontanes. Logo pasaremos polo Prau, onde
colleremos a senda ou “sedo” que de forma aérea sortea a
imposible aresta norte desde pico, para chegar ata a Muesca Colines e
o pico de este mesmo nome. Dende alí xa colleremos cara a
Torrebarrio.
Serán
dous días de verdadeiras sensacións montañeiras e magnífica
compañía.
Para anotarvos podedes chamar ao teléfono de actividades
do club, o 660.69.35.35.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.