Por favor, prestade atención a seguinte información que nos pasou a FGM sobre esta actividade.
"HORARIOS DA VIAXE"
IDA
*Saída o domingo 12 dende Vigo as 15 horas dende a Praza de España.
*Parada en Ourense a recoller nen@s arredor das 16 horas.
*Continuamos camiño cara a Cubilla de Arbas.
VOLTA
*Saída as 11 da mañá.
*O responsable da FGM comunicará os horarios máis fixos da viaxe en autobús.
*O itinerario da volta será un pouco máis longo para deixar os nen@s que veñen de A Coruña na súa cidade.
"OUTRA INFORMACIÓN"
*Levar roupa cómoda e de abrigo, as noites poden ser frescas.
*Traxe de baño.
*Útiles de aseo persoal e máis toalla.
*Mudas.
*Se teñen algún material de montaña como pés de gato e o seu arnés, que tamén o leven porque estará afeito a eles. Non esquezan botas de montaña.
*Non é preciso o saco de durmir, pero poden levalo se queren, o albergue ten sabas e mantas.
*A mochila pequena para as actividades.
*Medicación, se a precisan. Informar ao responsable da FGM que irá cos rapaces.
*A tarxeta da FGM.
*Crema de sol, gorro ou gorra e gafas de sol.
O representante da FGM nesta actividade é Eduardo Barrosa, acompañará aos rapaces e rapazas durante toda a actividade. Por favor, ante calquer necesidade especial dalgún nen@ comunicádello a Eduardo.
Por favor, calquer dúbida comunicádevos connosco vía teléfono á oficina da FGM. Durante os meses de verán está aberta polas mañás e NON polas tardes.
O PAGAMENTO DA ACTIVIDADE será do mesmo xeito que o resto de actividades. O Club fará un cargo na vosa conta.
O PAGAMENTO DA ACTIVIDADE será do mesmo xeito que o resto de actividades. O Club fará un cargo na vosa conta.
INFORMACIÓN XERAL DA ACTIVIDADE
Durante os días 12 a 17 de Xullo vaise celebrar un CAMPAMENTO DE ACTIVIDADES DE MONTAÑA para os deportistas mais xóvenes (8 a 16 anos).
É unha actividade moi interesante polo que dende o noso Club vos animamos a participar, non só polo contido da mesma que é moi completo, senón pola oportunidade que se vos brinda de pasar varios días na montaña cun custo meramente simbólico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.