Quizais vos sorprenda o ir tan lonxe nunha saída “dominguera”, pero, intencionadamente queremos abrir un pouco mais o noso “radio de acción” para estas saídas xa que temos moi machacada toda a zona que nos pilla mais preto.
Pagará a pena madrugar un pouco para visitar espazos conservados aos que so tocabamos de fin de semana.
Pensamos que así teremos moitas opcións de interese paisaxístico e natural mais atractivo, e.... nada mellor que comezar polo Courel en plena primavera.
Teremos en conta os ritmos de camiñar de cada un...haberá un ritmo mais rápido para os que gustan do esforzo e outro máis repousado para quen camiñe de vagar.
¡¡¡¡Apúntate xa, non o perdas...20km para gozar!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.