Un ano máis imos facer este cursiño de
escalada para que os máis pequenos, de 6 a 10 anos, comecen a “tocar presas”, exercitar os brazos e a estimular a destreza
para ir entrando no mundiño da escalada.
Tal como explicamos na circular de xaneiro,
faremos dous grupos de 6 participantes. Un adestrará os martes de 18 a 19.30h e
o outro os sábados de 11.30 a 13h.
Nun principio a intención é que dure tres
meses, logo, xa ao remate, intentaremos facer algunha clase no rochódromo da
UVigo ou en rocha.
A lista a teremos aberta, por orde de inscrición, dende o xoves día 14 ata o 28 de xaneiro. Por suposto que os nenos/as teñen que estar federados.
Para mais información ou para apuntarse chamar ao club.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.