EXPOSICIÓN 75 ANOS COA MONTAÑA


Onte, luns día 20, tivo lugar a inauguración da exposición que levaba varios meses preparada agardando o mellor momento tras ser suspendida no mes de marzo por razóns xa obvias para todos. Y esas razóns nos obrigaron tamén a ter que facelo en número moi reducido de asistentes e da forma máis simple posible.


Estes condicionantes non restan valor a este acto, máis ben todo o contrario, e estamos moi contentos e orgullosos de que asistiran ao mesmo os fillos e fillas de socios fundadores do club como Ola Abad, Alicia e Pilar Villaverde e Ricardo Gurriarán, acompañados polos expresidentes X. Lois Freixeiro, Rogelio Otero, Alberto Canle, e Pedro Outón.

Algúns membros da actual directiva e colaboradores da montaxe estiveron tamén presentes neste acto inaugural ao que asistiron por parte do Concello de Vigo o concelleiro da área de Cultura Abel Losada e de Deportes Manel Fernández, a quenes expresamos, tamén dende aquí, o noso agradecemento e o de todos os socios.



Agora réstanos  convidarvos a todos a que pasedes a facer unha fermosa “travesía” por estes 75 anos de Historia que foron recollidos, se non do mellor xeito posible, si coas mellores ganas e intención de facelo ben. 
Non é nada doado describir un camiño tan longo de feitos importantes, sentimentos, anécdotas e circunstancias relevantes das que en bastantes casos apenas existe máis que a transmisión oral que algúns dos protagonistas nos foron narrando nos últimos anos.

Temos todos ata o 23 de agosto para “apuntarnos” a facer esta viaxe polas páxinas do club e aproveitar esta oportunidade de coñecer as nosas raíces e os nomes dos homes e mulleres que souberon dar contido a esta sociedade deportiva de xeito altruísta e nos trouxeron ata aquí.




Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.