MAGOSTO INFANTIL/XUVENIL NO COUREL (17 e 18 de novembro)

               
Outro ano que voltamos ao Courel para celebrar o magosto e, coma en anos anteriores, imos mesturar actividade de montaña e espeleoloxía. Os percorridos de montaña que temos preparados son aptos para pequenos e maiores. O primeiro será dende o pobo de Cruz de Outeiro ata o Mazo seguindo o curso do río Soldón e pasando pola ferrería. O segundo vai dende o Alto do Couto ata Moreda atravesando a emblemática Devesa da Rogueira.                                                      


Os que fagamos espeleoloxía exploraremos a Sima da Tara o sábado, e o domingo iremos a Longo de Meu, moi preto da Devesa da Rogueira, onde nos atoparemos cos que veñan facendo montaña para rematar todos xuntos esta actividade.

Durmiremos no refuxio da Seara, o club fara a cea, o magosto e o almorzo, tendo que levar cada un o seu prato, vaso, etc.
 
É esta unha actividade que vai ter lugar dentro do espazo da Red Natura, por elo temos que pedir permisos para poder entrar nas covas. NECESITAMOS QUE VOS APUNTEDES O MÁIS AXIÑA QUE POIDADES. 
Tamén teremos que alugar na Escola de Espeleoloxía material de vertical para entrar na Sima da Tara. O número de persoas que podemos entrar nesta sima é reducido pois teremos que levar todos equipo de vertical, terán preferencia aqueles rapaces que xa saiban utilizalo. Para o resto de persoas que se apunten, este sábado día 10 no club ou en Budiño, ensinarémosvos a utilizalo. É unha cova moi sinxela e óptima para aprender a usar as cordas.
 

ANIMÁDEVOS

A LISTA ESTÁ XA ABERTA ATA O XOVES 15.
Os que queiran ir as covas terán que anotarse antes do venres día 9.




Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.