Máis "Trevincos" no cume do Aneto

O Aneto está de moda!!!
 
O pasado 27 de agosto, o noso Vogal Técnico de Montaña, Javier Sanz, xunto co seu fillo Sergio acadaron a cima desta emblemática montaña.


 
Case que baixaban uns e xa subían os seguintes… Xa que Araceli, Natalia, Wilkar xunto co seu pai Juan Vale, todos eles socios do club, fixeron cume o 11 de setembro.




 
A todos eles os nosos, máis que merecidos ,PARABÉNS!!!!
 
O Aneto é o pico máis elevado dos Pireneos, tendo unha altitude de 3404 metros sobre o nivel do mar. 
Sitúase no Parque Natural Posets-Maladeta, en Benasque, provincia de Huesca.
Na súa cara norte, a partir dos 2810 m aproximadamente, reside o máis grande glaciar dos Pireneos cunhas  100 ha de superficie. Ao igual que outros moitos ao redor do mundo, a súa situación é de ampla regresión debido ao cambio climático (calcúlase que nos últimos 100 anos perdeu máis da mitade da súa superficie, e que podería acabar desaparecendo nos próximos 30 ou 40 anos.)
 
Share:
spacer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.